mércores, 29 de maio de 2019

MARCAPÁXINAS DE AGASALLO NO MAR DAS PALABRAS

Fátima e Lucía, dúas alumnas de 4º de ESO, fixeron uns marcapáxinas aproveitando material de refugallo de traballos anteriores. Neles debuxaron ou escribiron pequenos consellos para concienciarnos de como curar ao noso planeta das feridas de morte da contaminación. Con pequenos cambios na nosa vida cotiá, xa sexa reducir o consumo de auga e enerxía ou separar o lixo e botalo aos contedores de reciclaxe, podemos conseguir achegarnos un pouco máis á gran meta: salvar o noso planeta.
O pasado venres 24 de maio, a modo de  homenaxe ao movemento Fridays for future, da activista sueca Greta Thunberg, tamén de 16 anos, as nosas alumnas agasallaron cun marcapáxinas aos compañeiros que levaron emprestado un libro da nosa biblioteca, O MAR DAS PALABRAS.

Velaí o video.