Os
zapatos vermellos enchen as prazas; cantas nais, amigas, fillas, compañeiras....
que xa non voltarán.
Todos
sabemos que amar non é posuír, que o amor non se
demostra con ciúmes nin golpes, que ser home ou
muller en parella non debería converter a ninguén
en amo ou escravo.... pero aí están
as cifras....48 mulleres asasinadas xa neste ano 2015, 48 vidas arrebatadas, 48
familias rotas, 48 historias non contadas....
“Nin
un golpe máis, nin unha muller menos” ese é o lema máis
escoitado nos últimos
días. Pero entón
¿que é o que pasa? Se todos sabemos que non debería
ocorrer ¿por que ocorre? ¿que estamos a facer mal? ¿ou que non estamos a facer ?
Existen
multitude de organismos oficiais que están
traballando a cotío en programas e medidas para
intentar eliminar esta lacra pero quizais o maior dos problemas sexa que as
mulleres se senten oprimidas, acurraladas, aterrorizadas e atrapadas de tal
forma que a pesar de todo se ven incapaces de reverter esta situación;
incluso, de pedir axuda.
O
illamento, a incomunicación, a ruptura co círculo
social e coa contorna, a dependencia económica
e emocional, a sensación de culpabilidade, a idea de non
romper a familia para non perxudicar ós
fillos, a perda de liberdade, a perda de capacidade para tomar decisións
por si mesmas, o medo, a soidade, o agochamento...... fan que sexa moi difícil
rachar co silencio, ese silencio asasino que termina por converter a unha
muller maltratada nun número desa lista de vítimas,
que converte un 47 nun 48.
Este
é o noso decálogo
1.
Rompe as cadeas da opresión.
2.
Non te deixes manipular, ti tes o control.
3.
Non te rindas.
4.
Non estás soa.
5.
Di non ao medo.
6.
Cóntao.
7.
Hai saída.
8.
Unha vida mellor é posible.
9.
Non te culpes.
10.
Non sexas un número máis.
Tantos
lemas para reivindicar un dereito fundamental e natural do ser humano: ser
libres, vivir sen medo!
Pero
estes lemas non son suficientes, quizais se todos e todas puxésemos un pouco máis
da nosa parte, se non mirásemos cara outro lado sería
posible evitar o número 49?
Outra
nai, outra filla, outra amiga, outra compañeira
menos ...
Hoxe
temos un soño....
Celebrar
o vindeiro 25 de novembro como o primeiro aniversario da esperanza, dunha
sociedade sen violencia de xénero.....
Oxalá o noso soño se faga realidade!!!