mércores, 24 de febreiro de 2016

OS AMIGOS DA BIBLIOTECA




 
UN ANO MÁIS A BIBLIOTECA DO IES ILLA DE SAN SIMÓN ABRIRÁ
TODOS OS LUNS DE 18:10 A 20:40


A MÁIS DE LER E ESTUDAR HABERÁ UN SIN FIN DE ACTIVIDADES, CHARLAS ... 


MOITAS GRAZAS OS "AMIGOS DA BIBLIOTECA" POR PARTICIPAR !

 

Ola amigos e amigas!
 Hoxe toca facer unha reflexión do noso traballo na biblioteca.
 Lembro que comezamos a nosa andaina o pasado curso 2014-15 con moitîsima ilusión e algunhas ideas que foron fermentando nas tardes dos luns,na compaña dos "Amigos da biblioteca". E diredes, quen é esta xente? Pois un grupiño de rapaces e rapazas do noso instituto, a meirande parte de 1º e 2º da ESO que día a día fomos argallando un proxecto de dinamización deste espazo.
O ano pasado celebramos moitísimos eventos: festivais, exposicións, recitais, conferencias, entrega de premios, reunións do Club de lectura,...






Neste curso, o grupo de "Amigos da biblioteca" está formado por trinta e cinco adolescentes comprometidos con todo o traballo relacionado con ela. Xa desenvolvemos varias actividades: Festa da lectura, Exposición de traballos do Samaín, Festival de Nadal, Día da paz, Mostra de novidades, ...
Dos eventos do curso pasado tedes constancia na páxina  web do centro. Dos deste ano, tamén neste blog.
 Os últimos traballos salientables son os "Cadernos de viaxes" nos que o alumnado da profesora Paula traballou, de xeito artesanal, nuns itinerarios ben interesantes.





Tamén hai que deixar constancia da conmemoración do "Día da paz" no que os rapaces e rapazas deseñaron unhas pombiñas realizadas en cartolinas brancas nas que escribiron mensaxes moi tenras e agarimosas.





E non imos esquecer o importante labor que realiza o grupo de profesorado de apoio da biblioteca que dedica moitas horas de traballo para que todo isto funcione. Graciñas a todos e todas!


Dulce María López Rivera


ENTROIDO

DÍA DE ROSALÍA