sábado, 5 de marzo de 2016

DÍA DE ROSALÍA NA BIBLIOTECA

Este 24 de febreiro celebramos o día de Rosalía por todo o alto! Os alumnos de 3º de ESO fixeron un recital dunha escolma dos seus poemas menos coñecido na biblioteca.


E, durante o recreo, o reporteiro máis intrépido da nosa biblioteca intentou averiguar canto saben os alumnos e alumnas do IES da nosa poetisa máis recoñecida...Parece que están feitos todos uns expertos! Queredes velo?



FESTA DA LECTURA

Aquí tendes unhas fotos da festa da lectura que fixemos en novembro, na nosa biblioteca: "O mar das palabras".

martes, 1 de marzo de 2016

8 DE MARZO, DÍA INTERNACIONAL DA MULLER


Un 8 de marzo de 1857, un grupo de obreiras téxtiles tomou a decisión de saír ás rúas  de Nova York para protestar polas míseras condicións nas que traballaban.

https://lh3.googleusercontent.com/proxy/K3eV1HIOLgq2FKMrkyP1p5-GNV6P1kHPYgBQqMrxvQb1L7fYXyQlTqbQmhujXudZdi9U7Z37s9_Yd133OY0h-va0cAOYjW7Z6Oa3Teezhmkl3zjPre2WMnMl1BCw_cqm

Distintos movementos fóronsese sucedendo a partires desa data.

 O 5 de marzo de 1908, Nova York foi de novo o escenario  dunha  polémica folga. Un grupo de mulleres reclamaba a igualdade salarial, a diminución da xornada laboral  a 10 horas e un tempo para poder dar de mamar aos seus fillos . Durante  esta folga, morreron máis dun cento de mulleres queimadas nunha fábrica de Sirtwoot Cotton, nun incendio que se lle atribuiu ao dono da  fábrica como resposta á folga.



https://4.bp.blogspot.com/-cpKo_GDmp3c/VOn3Ce_fSjI/AAAAAAAACAQ/G5AK_aJcZZA/s320/20140308083148-davila.jpg

En 1910, durante a Segunda Conferencia Internacional de Mulleres Traballadoras celebrada en Copenhague (Dinamarca) máis de 100 mulleres aprobaron declarar o 8 de marzo como Día Internacional da Muller Traballadora.

Actualmente,  celébrase como o Día Internacional da Muller.