martes, 27 de decembro de 2016

FESTIVAL DE NADAL 2016

O MAR DAS PALABRAS, a nosa biblioteca, acolleu o Festival de Nadal 2016, un agasallo anticipado dos moitos que os nosos alumnos agardan recibir nestas datas. 
Velaí un resumo da festa.

xoves, 3 de novembro de 2016

TRIVIAL LITERARIO. PROBA OS TEUS COÑECEMENTOS

O día que fixemos a presentación oficial da nosa biblioteca neste curso escolar, probamos este trivial con curiosidades literarias. Para os que estivestes e para os que non puidestes acudir, velaquí vos vai! A polos dez acertos. Sorteeeee!!!

Trivial literario

xoves, 27 de outubro de 2016

SEMANA DE TERROR NA ILLA DOS LIBROS

Chega o Samaín e na nosa biblioteca, a Illa dos libros, xa o estamos a celebrar cunha maratón de relatos de terror e unha morea de sorpresas. Pasa pola biblio... se te atreves.





mércores, 12 de outubro de 2016

QUE PROVOCA O MEDO ?

Achéganse datas moi sinaladas para o cine de medo ...

O cineasta Oscar Suárez guiaranos neste primeiro achegamento o cine fantástico e de terror. 


Esta será a primeira das moitas actividades que se van celebrar na nosa biblioteca "O mar das palabras" no presente curso. Está aberta a todos os membros das familias (ata encher aforo) e coma sempre é de balde.


Non teñas medo e demóstrao ! Agardámoste !


LUNS 17 de outubro ás 18:15 h. na nosa Biblioteca



 Aquí vos deixamos algúns instantes desta fantástica tarde con Oscar Suárez. Fíxose moi curta e quedamos con ganas de saber máis. Repetiremos sen dúbida !






martes, 28 de xuño de 2016

I CONCURSO DE TEATRO RADIOFÓNICO ESCOLAR

Alumnado de 2º ESO  e a profesora de lingua galega, Helena.


"Todo é un conto " illa.
Preme para escoitalo:
http://servizonlredondela.blogaliza.org/

RECOMENDACIÓN LECTORA DE DULCE


VIENTO DEL ESTE, VIENTO DEL OESTE

 

 

Esta é unha novela que lin de adolescente e segue a entusiasmarme a día de hoxe. Gústame a maneira sinxela e delicada en que está escrita. Fíxome afondar no coñecemento da sociedade chinesa, na confrontación de culturas entre oriente e occidente pero, por riba de todo, o poder salvífico do amor.

 

 

cuaderno de vacaciones-luis alberto de cuenca-9788498952223

 

 Xa máis dos nosos días, e cambiando de xénero, recomendo este libro do Premio Nacional de Poesía Luis Alberto de Cuenca. Trátase dun conxunto de poemas escritos en varios veráns onde conviven personaxes do mundo clásico cos das últimas series televisivas de moda. Orixinal, non? E todos nos preguntamos, cando descansa este home?

luns, 20 de xuño de 2016

UNHA VISITA SORPRESA!

Por que hai tanta expectación este luns na nosa biblioteca?


O alumno de 2º de ESO, Yerai, nolo conta:

"Hoxe tivemos unha gran sorpresa na biblioteca O mar das palabras !  Laura, unha ex-alumna do noso centro que se fixo famosa participando en programas de televisión, visitounos un ano máis para deleitarnos coa súa voz.


Ademais, aproveitamos para facerlle algunhas preguntas e explicounos o seu soño, o que quería estudar...e moito máis!
Rematamos cunha sesión de fotos con ela.


Foi unha tarde moi guai!!!"

Motísimas grazas a Laura, coma sempre, por achegarse á nosa biblioteca e a Yerai por contárnolo!

mércores, 15 de xuño de 2016

RECOMENDACIÓNS LECTORAS VII

Unha viaxe ao interior das persoas é a proposta de Ás de bolboreta. Bieito preséntanos esta obra de Rosa Aneiros e dános a coñecer as razóns que o levaron á súa lectura. Seguro que consegue convencerte de que ti tamén debes ler Ás de bolboreta.

xoves, 9 de xuño de 2016

xoves, 2 de xuño de 2016

FESTIVAL DE FIN DE CURSO NA BIBLIOTECA

O pasado luns día 30 celebramos un Festival de fin de curso  na biblioteca no que se aunaron música e lecturas....Así pois, os gañadores  do concurso de contos organizado polo Departamento de Normalización Ligüística recibiron os seus premios e tamén tivemos a sorte de disfrutar dos grandes músicos que agocha o noso centro.  Parabéns, artistas!
Se non puidestes asistir ou queredes rememoralo, aquí vos deixamos un vídeo cos mellores momentos!


mércores, 1 de xuño de 2016

O NOSO RECUNCHO DE LECTURA

Hoxe estreamos recuncho de lectura. Vai ser un espazo onde poder botar unha ollada á prensa do día, ler algún cómic, revistas ... lectura informal vamos. Aquí tedes unhas fotos para vexades como queda. Esperemos que vos guste e o gocedes con sentidiño.




martes, 31 de maio de 2016

COLLEITANDO ÉXITOS

 Noraboa a Marcos Eugenio Ferreira de 2º ESO A por ser finalista pola provincia de Pontevedra e a tódolos participantes deste ano no Concurso de relatos de Coca Cola





mércores, 18 de maio de 2016

LETRAS GALEGAS 2016

Este ano a biblioteca "O mar das palabras" mobilizou a todo o centro para conmemorar o Día das Letras Galegas.  Manuel María apareceu en todos os recunchos! Queredes ver o resultado?


xoves, 12 de maio de 2016

RECOMENDACIÓNS LECTORAS (IV)

Yangshiyu fainos esta nova recomendación lectora en chinés. E tedes o texto transcrito ao final do vídeo para que practiquedes!!


Música: SETE SAIAS "Bágoas de azar". Para seguir escoitando premede na ligazón:
https://www.youtube.com/watch?v=rAfWqQT0yBQ


mércores, 11 de maio de 2016

IV CENTENARIO CERVANTES E SHAKESPEARE

Deixámosvos unha mostra de traballo conxunto entre os Departamentos de Lingua Catelá e Inglés cos seus alumnos de 3º de ESO, con motivo da celebración do Día do Libro 2016.

luns, 9 de maio de 2016

RECOMENDACIÓNS LECTORAS (III)

Unha nova e interesante recomendación lectora, en rumano, que nos propón Alexandra. Esta vez o elexido é " O vixía no centeo" de J. D. Salinger, un libro escrito hai décadas pero que segue de actualidade.

luns, 2 de maio de 2016

DÍA DO LIBRO 2016

Para conmemorar o Día do Libro, o luns pasado fixemos un festival de lectura na nosa biblioteca que se converteu nunha homenaxe á poesía...Os nosos alumnos/as leron poesías de diferentes autores e en diferentes idiomas.  Así, ademais de galego e castelán, puidemos escoitar poemas en francés, inglés, italiano, rumano, chinés, euskera...e ata en latín! Aquí tedes unha pequena mostra!


domingo, 24 de abril de 2016

RECOMENDACIÓNS LECTORAS

Xa estamos en abril! Neste mes celébrase o Día do Libro e, para ir quentando motores, dende " O Mar das Palabras" facémosvos unhas recomendacións lectoras.

Tedes ganas de ler e non se vos ocorre ningún título? Aquí vos deixamos cunha selección dos libros que máis lles gustaron a alumnos e alumnas de 1º a 4º de ESO.





sábado, 23 de abril de 2016

MARCAPÁXINAS 400º ANIVERSARIO

O luns 25 de abril celebramos o Día do Libro na nosa biblioteca. Presentámosvos uns marcapáxinas elaborados polo alumnado de 2º de ESO, un pequeno agasallo para os asistentes.Non vos perdades un emocionante recital de poesía e algunha que outra sorpresa.Agardamos por vós.

martes, 19 de abril de 2016

RECOMENDACIÓNS LECTORAS (II)

No noso mar das palabras agóchanse prezados tesouros, como son as recomendacións lectoras feitas polos membros da nosa comunidade educativa. Por outra parte, a diversidade cultural no noso instituto agasállanos coa posibilidade de coñecer as linguas maternas dalgúns dos nosos alumnos.O resultado? Unhas propostas lectoras, en distintos idiomas, como a que hoxe nos trae Raquel, en portugués.

mércores, 13 de abril de 2016

56º Edición do Concurso Jóvenes Talentos de Relato Curto


 Certame en galego. Facultade de Económicas no CUVI
Proba de castelán na Facultade de Telecomunicacións no Cuvi




Un ano máis os alumnos de 2º da ESO participaron nesta interesante actividade de improvisación literaria a partir dun estímulo creativo

sábado, 5 de marzo de 2016

DÍA DE ROSALÍA NA BIBLIOTECA

Este 24 de febreiro celebramos o día de Rosalía por todo o alto! Os alumnos de 3º de ESO fixeron un recital dunha escolma dos seus poemas menos coñecido na biblioteca.


E, durante o recreo, o reporteiro máis intrépido da nosa biblioteca intentou averiguar canto saben os alumnos e alumnas do IES da nosa poetisa máis recoñecida...Parece que están feitos todos uns expertos! Queredes velo?



FESTA DA LECTURA

Aquí tendes unhas fotos da festa da lectura que fixemos en novembro, na nosa biblioteca: "O mar das palabras".

martes, 1 de marzo de 2016

8 DE MARZO, DÍA INTERNACIONAL DA MULLER


Un 8 de marzo de 1857, un grupo de obreiras téxtiles tomou a decisión de saír ás rúas  de Nova York para protestar polas míseras condicións nas que traballaban.

https://lh3.googleusercontent.com/proxy/K3eV1HIOLgq2FKMrkyP1p5-GNV6P1kHPYgBQqMrxvQb1L7fYXyQlTqbQmhujXudZdi9U7Z37s9_Yd133OY0h-va0cAOYjW7Z6Oa3Teezhmkl3zjPre2WMnMl1BCw_cqm

Distintos movementos fóronsese sucedendo a partires desa data.

 O 5 de marzo de 1908, Nova York foi de novo o escenario  dunha  polémica folga. Un grupo de mulleres reclamaba a igualdade salarial, a diminución da xornada laboral  a 10 horas e un tempo para poder dar de mamar aos seus fillos . Durante  esta folga, morreron máis dun cento de mulleres queimadas nunha fábrica de Sirtwoot Cotton, nun incendio que se lle atribuiu ao dono da  fábrica como resposta á folga.



https://4.bp.blogspot.com/-cpKo_GDmp3c/VOn3Ce_fSjI/AAAAAAAACAQ/G5AK_aJcZZA/s320/20140308083148-davila.jpg

En 1910, durante a Segunda Conferencia Internacional de Mulleres Traballadoras celebrada en Copenhague (Dinamarca) máis de 100 mulleres aprobaron declarar o 8 de marzo como Día Internacional da Muller Traballadora.

Actualmente,  celébrase como o Día Internacional da Muller.