martes, 28 de xuño de 2016

I CONCURSO DE TEATRO RADIOFÓNICO ESCOLAR

Alumnado de 2º ESO  e a profesora de lingua galega, Helena.


"Todo é un conto " illa.
Preme para escoitalo:
http://servizonlredondela.blogaliza.org/

RECOMENDACIÓN LECTORA DE DULCE


VIENTO DEL ESTE, VIENTO DEL OESTE

 

 

Esta é unha novela que lin de adolescente e segue a entusiasmarme a día de hoxe. Gústame a maneira sinxela e delicada en que está escrita. Fíxome afondar no coñecemento da sociedade chinesa, na confrontación de culturas entre oriente e occidente pero, por riba de todo, o poder salvífico do amor.

 

 

cuaderno de vacaciones-luis alberto de cuenca-9788498952223

 

 Xa máis dos nosos días, e cambiando de xénero, recomendo este libro do Premio Nacional de Poesía Luis Alberto de Cuenca. Trátase dun conxunto de poemas escritos en varios veráns onde conviven personaxes do mundo clásico cos das últimas series televisivas de moda. Orixinal, non? E todos nos preguntamos, cando descansa este home?

luns, 20 de xuño de 2016

UNHA VISITA SORPRESA!

Por que hai tanta expectación este luns na nosa biblioteca?


O alumno de 2º de ESO, Yerai, nolo conta:

"Hoxe tivemos unha gran sorpresa na biblioteca O mar das palabras !  Laura, unha ex-alumna do noso centro que se fixo famosa participando en programas de televisión, visitounos un ano máis para deleitarnos coa súa voz.


Ademais, aproveitamos para facerlle algunhas preguntas e explicounos o seu soño, o que quería estudar...e moito máis!
Rematamos cunha sesión de fotos con ela.


Foi unha tarde moi guai!!!"

Motísimas grazas a Laura, coma sempre, por achegarse á nosa biblioteca e a Yerai por contárnolo!

mércores, 15 de xuño de 2016

RECOMENDACIÓNS LECTORAS VII

Unha viaxe ao interior das persoas é a proposta de Ás de bolboreta. Bieito preséntanos esta obra de Rosa Aneiros e dános a coñecer as razóns que o levaron á súa lectura. Seguro que consegue convencerte de que ti tamén debes ler Ás de bolboreta.

xoves, 9 de xuño de 2016

xoves, 2 de xuño de 2016

FESTIVAL DE FIN DE CURSO NA BIBLIOTECA

O pasado luns día 30 celebramos un Festival de fin de curso  na biblioteca no que se aunaron música e lecturas....Así pois, os gañadores  do concurso de contos organizado polo Departamento de Normalización Ligüística recibiron os seus premios e tamén tivemos a sorte de disfrutar dos grandes músicos que agocha o noso centro.  Parabéns, artistas!
Se non puidestes asistir ou queredes rememoralo, aquí vos deixamos un vídeo cos mellores momentos!


mércores, 1 de xuño de 2016

O NOSO RECUNCHO DE LECTURA

Hoxe estreamos recuncho de lectura. Vai ser un espazo onde poder botar unha ollada á prensa do día, ler algún cómic, revistas ... lectura informal vamos. Aquí tedes unhas fotos para vexades como queda. Esperemos que vos guste e o gocedes con sentidiño.