BLOG DA BIBLIOTECA DO IES ILLA DE SAN SIMÓN (REDONDELA).
O obxectivo deste blog é que poidamos establecer unha nova vía de comunicación para compartir as nosas experiencias de biblioteca: comentar libros, novidades, suxestións,... A ver que sae!
Neste vídeo, a través dos traballos dos vosos compañeiros, poderedes coñecer mellor a algúns dos personaxes dos murais da nosa biblioteca. Presentámosvos tamén aos autores británicos que nos agasallaron con historias que xa forman parte da literatura universal: Frankenstein, Hamlet, Alicia no País das Marabillas e a colección de novelas do famoso detective Sherlock Holmes.